" />

O Concello convida a mocidade a propoñer actividades para celebrar o Día da Xuventude

Lugo celebra o Día da Xuventude convidando á mocidade a propoñer as actividades que lle gustaría facer. A Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, pon en marcha esta iniciativa, a través do Facebook de Xuventude de Lugo,
dirixido aos mozos e mozas de 14 a 35 anos, coa finalidade de coñecer as propostas en actividades formativas ou de lecer que lles gustaría que fosen organizadas dende a concellería. Búscase, deste xeito, desenvolver un programa que se axuste aos gustos da
poboación máis nova.
Para participar débese acceder ao Facebook de Xuventude de Lugo (facebook.com/XuventudeLugo) e deixar un comentario na publicación correspondente a esta información, onde se poderá indicar o tipo de obradoiros ou talleres formativos, visitas, rutas e outras actividades que poderían ser organizadas dende o Concello de Lugo, en cumprimento coas inquietudes dos mozos e mozas. O prazo finalizará nun mes.
A Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude convida á mocidade activa de Lugo a participar e facer as súas propostas, coas que Lugo dará resposta aos intereses deste colectivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo