O Concello de Foz celebra este domingo os 40 anos de corporacións municipais democráticas

O Concello de Foz celebra cun acto os 40 anos de corporacións municipais democráticas. Será este domingo, día 22, ás doce do mediodía na Sala Bahía e están convidados a participar os alcaldes e concelleiros que formaron parte da corporación focense durante estas catro décadas e familiares dos que xa faleceron. Foi presentado polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Carlos García.

O rexedor municipal focense explica que é “un acto importante e que cremos que vai ser emotivo para conmemorar 40 anos desde aquel 1979, cando se celebraron as primeiras eleccións municipais democráticas, despois dunha ditadura longa e penosa. Queremos homenaxear a todos eses concelleiros e alcaldes que traballaron polo seu pobo gastando do seu tempo de lecer e da familia, ás veces de forma ingrata ou non recoñecida, para buscar o ben dos seus veciños. Non está de máis nunca recordar e agradecer e poñer en valor a todas esas persoas porque é complicado ser concelleiro e representar aos teus veciños, e máis nun pobo de tamaño mediano, como é Foz, e ao final queda o traballo feito, quedan as obras e tamén ese agradecemento común. E queremos que sexa unha festa para todos, entón este domingo esperamos que se achegue moita xente e que sexa un acto para lembrar e para ter outros 40 anos máis de avance en Foz”.

Pola súa banda, Carlos García destaca que este domingo “será unha xornada histórica para Foz pola emotividade que ten celebrar 40 anos de corporacións municipais democráticas, da nosa institución, do marco de convivencia municipal por excelencia e no que tantas persoas exerceron funcións de representación. Ás doce da mañá na Sala Bahía celebraremos esta homenaxe cos catro alcaldes vivos que temos dende a democracia (Martín Beltrán, José MaríaGarcía Rivera, Javier JorgeCastiñeira e FranciscoCajoto). Tamén teremos a preto dun centenar de concelleiros e ás familias

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Antonio Fernandez
    Dec 16, 2019 - 08:27 PM

    Que regaláis una merienda para todos .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com