O Concello de Lugo ordena parar as obras en García Portela por carecer de licenza urbanística

O Concello de Lugo vén de ordenar a suspensión inmediata das obras que se están a executar no inmoble situado na rúa Doutor García Portela, número 17, destinadas a habilitar un aloxamento para menores, ao comprobar que se están a realizar sen o preceptivo título habilitante urbanístico municipal.

A resolución municipal establece tamén a incoación dun expediente de reposición da legalidade urbanística e solicita a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade, de acordo co previsto na normativa vixente.  Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para presentar alegacións e documentación complementaria, e poderán interpoñer os recursos correspondentes.

O Goberno local lembra a importancia de respectar os procedementos legais e técnicos para garantir a seguridade das actuacións e o cumprimento da normativa urbanística, especialmente tratándose dun equipamento sensible como é un centro de atención a menores.

Así mesmo, o Concello, a través dos servizos municipales, traballará da man co equipo técnico promotor para que, unha vez subsanadas as deficiencias documentais, poida axilizarse a tramitación da licenza urbanística correspondente, coa máxima dilixencia e transparencia.

Fotografía: Google Maps.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com