" />

O Concello de Lugo organiza unha homenaxe a Luisa Zarzuela para rememorar o seu legado

O Concello de Lugo organizaba esta tarde, no Xardín das Lembranzas, un acto na honra da ex edil Luisa Zarzuela para rememorar o seu legado político. Por decisión da súa familia, parte dos restos da ex concelleira quedarán no cemiterio de San Froilán, escenario escollido para renderlle hoxe esta sentida homenaxe.

A alcaldesa, Lara Méndez, destacou a “xenerosidade e afouteza” de Zarzuela á que definiu como unha “loitadora infatigable a prol dos dereitos sociais e da muller“.

A rexedora lembrou tamén a importante herdanza que deixa a todas e todos os lucences, “á que lle debemos a posta en marcha de servizos hoxe aínda tan estimados pola veciñanza como o de atención cidadá 010, a creación dos almorzos saudables, a organización das primeiras Ludus Party e mesmo a posta en valor do cemiterio e a súa modernización onde agora descansarán, para sempre, os seus restos”.

Ademais de Lara Méndez no acto, no que estiveron presentes o resto de membros da Corporación, interviron o ex alcalde Xosé Clemente López Orozco e un representante da súa familia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo