O Concello de Lugo presenta o plan de tráfico do San Froilán 2025

O Concello de Lugo presentou o Plan de Tráfico que rexerá a mobilidade durante as festas do San Froilán. O dispositivo especial afectará fundamentalmente á zona do Parque Rosalía de Castro e as inmediacións do recinto feiral, e estará vixente dende o xoves 18 de setembro ata o xoves 16 de outubro.
As vías afectadas e as modificacións a realizar na circulación serán similares aos últimos anos, afectando á contorna do Parque Rosalía de Castro: Avenida Rodríguez Mourelo, Praza de Avilés, Rúa Puro Cora, Avenida Doutor García Portela, Explanada do Palacio Municipal dos Deportes e outras vías próximas que permanecerán pechadas ao tráfico ou verán modificado o seu acceso e estacionamento durante as distintas fases do dispositivo.
Haberá modificacións permanentes, como a montaxe do Recinto Feiral das festas, que comezará o xoves 18 de setembro cando se prohibirá estacionar en Rodríguez Mourelo, Puro Cora e García Portela, e que se manterá ata o 16 de outubro, cando remate a desmontaxe das casetas e se restableza a circulación habitual, e modificacións temporais, que dependerán da afluencia de público ao Recinto Feiral e ás diversas actividades das festas, e que dependerán de se é posible circular pola Rúa Vilalba e Ramón Ferreiro. Os cortes máis restrictivos estarán activos nas fins de semana, e poderán ser modificados a criterio do xefe de quenda da Policía Local, tendo en conta a afluencia de persoas ao recinto feiral.
Os principais cortes e restriccións inclúen a prohibición de estacionamento e cortes ao tráfico nas principais rúas do recinto feiral, con acceso exclusivo a residentes, servizos autorizados ou vehículos de emerxencia segundo sinalización específica; a habilitación de dobre sentido e axustes na circulación en rúas como Avenida Doutor García Portela, Rúa Cidade de Viveiro ou Rúa Puro Cora para facilitar os accesos; a activación de maiores restriccións durante os días de maior afluencia (fin de semana e festivos), con cortes adicionais en Ronda da Muralla, Avenida Alcalde Anxo López Pérez e desviación pola Rúa Cidade de Vigo e, como vén sendo habitual, a habilitación de zonas de estacionamento provisionais e prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida ou carga e descarga.
O servizo de taxis reforzarase especialmente na Praza da Constitución, permitindo acceso ao recinto feiral sempre que o permita o tránsito peonil, e os autobuses adaptarán os seus percorridos e horarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com