Un home falece en Vilalba ao incendiarse a súa vivenda

Os Bombeiros de Vilalba atoparon o corpo sen vida do home no interior da casa, que resultou totalmente calcinada.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o tellado e as paredes da vivenda colapsaron por mor dos efectos das lapas. Os feitos sucederon no lugar de Sixto, ao fío das 20:00 horas da pasada tarde.

Nese momento, os axentes da Garda Civil e varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do lume. Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vilalba e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil. Ademais, informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Cómpre sinalar que foi necesaria a intervención dun retén do distrito forestal da zona, que controlou que o incendio non chegase ao monte.

Foto: arquivo Xornal de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com