" />

O Concello de Lugo propón actividades de música, poesía e unha ofrenda floral para celebrar o Día da Nai no cemiterio de San Froilán

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, anunciou hoxe as actividades para conmemorar no cemiterio municipal de San Froilán o Día da Nai, que terá lugar o 7 de maio. Estas actividades, que se enfocan como un acto de acompañamento para as persoas que nestas datas visitan o camposanto, co fin de realizar unha homenaxe familiar e íntima, proporcionándolles un ambiente cálido e acolledor.

 

As actividades comezarán a partir das 11:30 horas, cun concerto de frauta traveseira impartido por Marieta Neira. Posteriormente, ás 12:00 horas haberá un acto institucional para facer unha lembranza a todas as nais, coa lectura do poema A morte da miña nai, a cargo da poetisa lucense Marica Campo e unha ofrenda floral das persoas asistentes. Na entrada do cemiterio entregarase un pequeno ramo de margaridas a cada persoa visitante, que ser irán depositando para realizar unha ofrenda floral común.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo