O Concello de Lugo reforza Tarde Tardiña cunha programación de calidade para toda a familia

O Concello de Lugo presenta unha nova edición de Tarde Tardiña, o ciclo cultural dirixido ao público infantil e familiar que encherá a Praza de Santa María de teatro, circo, maxia e humor durante os meses durante este verán.

A programación chega reforzada cunha mellor planificación e consolídase como unha das principais propostas culturais do verán, dando continuidade á aposta do Goberno local por achegar a cultura á cidadanía. Ademais, complementa outras iniciativas como Cine na Rúa, que este ano levou por primeira vez proxeccións tamén ao rural cunha excelente acollida.

Entre os artistas destacados figuran LaNördika, Premio Nacional de Circo 2024, e Wilbur, un dos grandes referentes do circo contemporáneo e do humor familiar. Xunto a eles, participarán outras compañías de prestixio con espectáculos pensados para todas as idades.

Con esta edición, Tarde Tardiña medra en calidade e contidos, consolidándose como un referente do lecer familiar e reafirmando o compromiso do Goberno local cunha programación cultural accesible, diversa e de calidade para toda a cidadanía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com