O Concello de Mondoñedo anuncia un plan de actividades na Casa-Museo Álvaro Cunqueiro

O Concello de Mondoñedo ven de emitir un comunicado, por medio da súa alcaldesa Elena Candia, no que anuncia que se vai inplementar un plan de actividades para a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro e que o seu  coordinador será o investigador e crítico literario Armando Requeixo.

Ademais das conferencias baixo o nome ‘Cunqueiro aquí e acolá’, realizaranse outras actividades como a publicación de materiais cunqueirianos que axuden a espallar e afondar na obra do autor. Neste eido enmarcase o inicio da Colección Selva de Esmelle ou a publicación dunha revista de estudos cunqueirianos.

Para inaugurar as conferencias desta serie procuraranse datas que estean arredor da data de nacemento do autor. De igual xeito, a última das conferencias realizarase en días próximos ao seu pasamento.

Ditos actos concretaranse ben baixo a fórmula de conferencias individuais ou de mesas redondas de varios participantes, dependendo do que aconselle o tema e enfoque particular de cada intervención. En calquera caso, o nome dos participantes, aínda por confirmar, comunicarase coa debida antelación.

Tamén, coa colaboración do Concello de Mondoñedo e a familia do escritor, estase a preparar a edición dalgúns textos do autor que se presentaran durante os eventos a celebrar. Entre eles estará un ensaio do fillo do autor, o tamén escritor César Cunqueiro, que versará sobre a conexión da obra de Álvaro Cunqueiro e a de José Lezama Lima. Este traballo inaugurará a colección “Selva de Esmelle” na que verán a luz outros textos arredor de Cunqueiro e o seu mundo.

 Colaboracións

A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, como xa queda dito, contara coa colaboración da familia do escritor e do Concello de Mondoñedo ademais doutras institucións responsables da promoción da nosa lingua, como é a Secretaría Xeral de Política Lingüística ou a Fundación Penzol.

Dende a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, manifestan a súa dispoñibilidade para colaborar con cantas entidades, institucións ou persoas estean interesadas en estudar e divulgar a figura do escritor que lle dá nome, convidando a poñerse en contacto co Concello de Mondoñedo para concretar posibles colaboracións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo