" />

O Concello de Vilalba entrega os agasallos do programa ‘Compite Vilalba

Un total de 81 pemes e autónomos participaron no programa de formación e asesoramento individualizado impulsado polo Concello de Vilalba e dirixido ao comercio local e a hostalería, co obxectivo de dinamizar o sector e mellorar a súa competitividade tras a crise da Covid-19.

Compite Vilalba’ permitiu facer unha diagnose individualizada da situación de cada negocio, para despois pasar a unha fase de formación e á realización final da campaña de promocións ‘D’compras por Vilalba’, na que participaron 36 establecementos e 721 clientes.

Nas últimas semanas, realizáronse nove seminarios formativos sobre diferentes temáticas, houbo unha etapa de asesoramento individualizado e tres reunións para a formulación e o deseño da campaña D’compras por Vilalba’.

O Concello de Vilalba entregou onte os agasallos aos veciños e veciñas que participaron na campaña ‘D’compras por Vilalba’, unha iniciativa que formaba parte do programa ‘Compite Vilalba’.

En concreto, a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira Marta Rouco fixeron entrega de tres Apple Watch e un iPhone, nun acto celebrado na Casa da Cultura de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo