" />

O Concello desoe ao pleno e saca de novo a contratación o guindastre

O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou hoxe de que a Xunta de Goberno vén de aprobar sacar de novo a contratación o servizo de guindastre, despois de que o anterior procedemento quedara deserto e pese a terse aprobado un acordo plenario de municipalización do servizo.

Neste caso, a licitación será mediante procedemento negociado, a proposta do servizo municipal de Contratación, que, no seu informe ao respecto, apela ao artigo 168 da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, que recolle a posibilidade de aplicar este sistema “para o caso, como é o que acontece, de que non se tivera presentado ningunha oferta e que non se modifiquen substancialmente as condicións iniciais”.

Así, mantéñense as condicións técnicas do contrato e varían tan só nos pregos de cláusulas administrativas as referidas ao procedemento de licitación, que pasa a ser negociado. O prezo é de 540.675,77€ a primeira anualidade, conforme ao estudo económico realizado por Enxeñería, segundo o que serán necesarios 6 conductores a xornada completa e un a xornada parcial, e 5 recepcionistas. Segundo os pregos, o servizo disporá dun guindastre as 24 horas do día, os 365 días do ano, e doutro con horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00, excepto os días das festas de San Froilán e Arde Lvcvs, e 15 días ao ano a maiores (para as ocasións nas que se considere preciso o reforzo), nos que tamén estará as 24 horas.

O Concello publicará un anuncio de licitación no Perfil do Contratante e remitirá invitacións ás empresas do sector co enlace do anuncio publicado. Convidaranse, como mínimo, ás empresas que operan nas cidades galegas de máis de 20.000 habitantes. O prazo de presentación de propostas será de 40 días naturais contados dende a data da  publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante.

Con este novo paso, o Goberno , di Fernández, “cumpre a Lei, os informes técnicos e a folla de ruta” que sempre explicou con respecto a este servizo: ir a un contrato ponte mentres se leva a cabo o expediente de municipalización.

Mostra de que o Goberno ten en conta o expediente de municipalización é que o contrato será dun ano, con opción de prórroga por outro, e que nos propios pregos se establece que, en todo caso, a duración estará condicionada ao resultado do expediente de municipalización, de modo que se este conclúe nun cambio de modelo de xestión antes de que finalice o contrato, este poderase resolver anticipadamente sen indemnización algunha para o adxudicatario.

Con respecto ao expediente de municipalización, o Goberno xa explicou as dificultades para avanzar, relativas á saturación de traballo do funcionariado que debe ocuparse da elaboración dos preceptivos informes, polo que, como tamén avanzou, estes traballos serán externalizados. O voceiro municipal explicou que non se puideron iniciar os trámites para elo ata que non foron aprobados os Orzamentos deste ano, que entraron en vigor en abril, e, feitos contactos con universidades para formalizar o encargo “hai dificultades para encontrar que queira asumilo. De feito, dúas facultades negáronse”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo