O Concello do Incio promove actividades formativas dirixidas a traballadores, autónomos ou en ERTE

O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, vén de asinar un convenio de colaboración con Foro de Formación y Ediciones S.L. para a difusión de actividades formativas dirixidas a traballadores ocupados, autónomos ou en situación de ERTE.

O Goberno local subscribe este acordo co propósito de mellorar as competencias profesionais e a inserción laboral dos veciños e veciñas a través da realización de actividades formativas de carácter gratuíto enmarcadas no ámbito da formación profesional para o emprego.

O Concello do Incio comprométese a divulgar e publicitar as accións formativas pactadas co Centro de Formación entre os colectivos de traballadores que cumpran cos requisitos de matriculación. O Centro é o encargado de impartir as actividades, de carácter subvencionado, e de expedir os correspondentes diplomas.

Os cursos que se ofertarán este mes de novembro son:
Deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar (100 horas), Desenvolvemento web para comercio electrónico (150 horas), Introdución á apicultura tradicional e ecolóxica (40 horas), Usuario profesional de produtos fitosanitarios nivel cualificado (60 horas), Sistemas de calidade en industria alimentaria (70 horas), Enerxías renovables, especialidade en biomasa (70 horas), Envasado de produtos alimentarios (50 horas), Xestión e organización da explotación agraria (55 horas) ,Competencias dixitais básicas (60 horas), Formación básica para limpezas xerais (40 horas), Elaboración e conservación de alimentos (30 horas), Extinción de incendios forestais (45 horas)

Os alumnos recibirán un título homologado pola FUNDAE que acredita a superación do curso e o número de horas que realizaron. A acción formativa será supervisada polo SEPE, o que avala a garantía e o rigor do ensino que cursarán os alumnos e alumnas rexistrados. As persoas interesadas en anotarse nos cursos deberán chamar ao Concello do Incio (982 42 70 14) en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com