O Concello estuda a existencia de augas termais nas dúas marxes do río

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dixo esta mañá en rolda de prensa, que o Concello contratou un estudo histórico-xeolóxico das marxes do rio Miño ao seu paso pola Cidade, para confirmar se existen reservas de augas termais nas inmediacións do barrio da Ponte.

Méndez quixo destacar que se esto se confirma, podería ser un futuro enriquecedor para a cidade, que serviría para “pontenciar a autoestima do barrio e dos lucenses”. Estes estudos estanse a facer dende fai tres semanas polo Centro de Estudos da Historia da Cidade, dependente da USC, que deberá terminar estos estudos, segundo explicou a rexedora, nun prazo de tres meses.

O estudo basease en sete premisas que serían, no comezo, o vaciado documental de información dos fondos municipais e dos arquivos relativos ao barrio da Ponte, San Lázaro, Ribeira, Cuíña e Tolda de Castela e o vaciado bibliográfico de información relativa ao Balneario.

Máis tarde, o equipo de investigación fará traballo de campo coa poboación, e establecerá determinadas características das augas e a orixe xeolóxica do manantial. Asemade, determinarán os límites do entorno de explotación do actual Balneario e evaluarán as posibilidades dun novo aproveitamento, ademáis de realizar un plan de prospección das augas subterráneas para definir as actuacións a levar a cabo para localizar a situación do que podería ser un novo aproveitamento de augas termais.

Lara Méndez destacou os beneficios das augas termais e recoñeceu que este novo aproveitamento será “beneficiosos para facer de Lugo unha cidade referente no norte de España, xunto co Arde Lucus, desde onte, declarado de interese turístico nacional” e asegurou que o Concello de Lugo “somos ambiciosos; pero por que non podemos ter en Lugo unhas chavasqueiras? O nome xa o veremos, pero a cuestión é contar con estas augas termais, esto é o importante. O camiño faise dando os primeiros pasos, e este estudo é o primeiro deles. Temos a materia prima, por qué non impulsalo como un recurso turístico poñendo en valor este barrio xenlleiro?”, cuestionou a alcaldesa.

Méndez destacou tamén a repercusión que as posibles chavasqueiras terán en Lugo e dixo que este estudo continúa co compromiso do Concello de “apostar polos barrios da cidade“. A alcaldesa afirmou que grazas as augas termais, Lugo chamará a máis visitantes, e poderá ofrecer ao turista, “singularidade, gastronomía, paisaxe, cultura e, agora tamén, augas termáis a carón da ponte Romana”.

“É obrigatorio esinarlle isto ao mundo; de cumprirense as nosas espectativas todos poderemos desfrutar das augas termais de máis de 2000 anos de historia”, asegurou Lara Mendez. “Nós queremos que sexa unha alternativa máis para gozar de Lugo, e para os visitantes unha alternativa máis para que nos visiten, porque Lugo é a experiencia que che fai sentir cando estás aquí”, concluíu a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com