O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou a adxudicación do servizo de Comedores Escolares, cun orzamento de 1.067.146,08€ anuais nun contrato de 1 ano prorrogable anualmente ata un máximo de 5, que foi adxudicado á empresa Alimentación Saludable Gallega para prestar un servizo ata a 1.004 nenas e nenos cada día nos centros de ensino de Lugo.
O menú será o mesmo en todos os centros, seguindo cos criterios de alimentación saudable e equilibrada establecidos pola estratexia NAOS. A empresa facilitará menús alternativos, para atender a aqueles estudantes que, por problemas de saúde, intolerancia a algúns alimentos, crenzas relixiosas ou outras circunstancias debidamente xustificadas, requiran un menú especial. As familias coñecerán mensualmente os menús que se facilitarán en cada centro durante as distintas xornadas.
Cada menú constará dun primeiro e segundo prato, sobremesa e pan. A combinación de ambos pratos debe estar equilibrada para que non sexa nin insuficiente nin excesiva en enerxía.
En canto á calidade do produto, incluiranse produtos locais e de proximidade, pertencentes a calquera IXP de Galiza. Ademais, un dos criterios de valoración tidos en conta para a adxudiación foi a proximidade da cociña aos centros
Post Views: 0