O Concello impulsará melloras viarias no Ceao a petición dos empresarios

A alcaldesa e ediles da corporación municipal mantiveron hoxe un encontro con representantes da asociación de empresarios do polígono do Ceao, xuntanza no que lles anunciaron que o Goberno, en resposta ás súas demandas, impulsará melloras viarias nesta zona por un importe próximo aos 145.000€, en concreto, na rúa dos Artesáns e na glorieta situada na intersección da avenida Benigno Rivera e a rúa da Agricultura.

As actuacións, subliñou a rexedora, “mellorarán a seguridade viaria e a comodidade dos conductores” destas calzadas, que, debido á gran densidade de tráfico que soportan, tanto de turismos como de vehículos pesados, atópanse deterioradas na actualidade.

O proxecto da rúa dos Artesáns consistirá na renovación do pavimento e a reposición da sinalización horizontal. O ámbito de actuación será a calzada esquerda entre Benigno Rivera e a rúa Dos Canteiros e toda a sección entre as rúas dos Canteiros e da Industria. O orzamento é de 73.600 e para o seu financiamento o Concello vén de acadar unha subvención da Consellería de Economía de 58.900€. Os 14.700€ restantes achegaraos a entidade local. O prazo de execución é dun mes.

En canto á glorieta da avenida Benigno Rivera, as obras inclúen igualmente a renovación do pavimento e a reposición da sinalización existente. O investimento é de 71.000€, que o Concello achegará a través do Plan de Barrios, e o prazo de execución, de 2 meses. Nos dous casos, o procedemento de contratación iniciarase de maneira inmediata.

A Alcaldesa subliñou que con estas actuacións o Goberno cumpre con dúas importantes reivindicacións do tecido empresarial do Ceao. É froito tamén do convencemento de que “as infraestruturas de comunicación son vitais para que un polígono, as súas empresas, sexan competitivas, poidan seguir xerando riqueza e emprego en Lugo, en definitiva, para que teñan futuro”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com