" />

O Concello inicia este venres os cortes de tráfico polo San Froilán

Lugo acollerá a partir deste venres o San Froilán 2016, a grande festa patronal da cidade luguesa, que supón a visita duns 570.000 visitantes durante os días de festas. O Concello elaborou un dispositivo especial de tráfico para garantir a seguridade cidadá e o éxito destes festexos que xeran un importante tránsito de persoas e vehículos en toda a cidade.

O Concello solicita a colaboración cidadá pedindo aos veciños que reduzan o uso dos coches e fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros disuasorios: dous en Campos Novos, As Termas e Sanfiz.

O operativo de tráfico implica medidas como a restrición da circulación ou cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional e aos corpos de seguridade. Consta de dous procedementos e aplicarase dende as 19:00 horas do venres día 30 de setembro ata as 06:00 horas do xoves día 13 de outubro.

Procedemento A: será o que se manteña mentres permaneza pechado o recinto feiral e se permita a circulación pola rúa Vilalba, avenida Ramón Ferreiro e rúa Alcalde Anxo López Pérez. Durante este procedemento, as vías incluídas dentro do recinto feiral cortaranse ao tráfico os días en que permaneza en funcionamento, así como cando o estime oportuno a Policía Local. Irá en función da afluencia de persoas, pero poderá terse como hora de referencias as 19:00 horas.

Procedemento B: será o que se estableza cando se realice o corte da Ronda da Muralla, á altura da rúa Santiago. Aplicarase os días festivos e fin des emana, coincidindo cunha maior afluencia de público, aínda que podería adiantarse xa á fin de semana do 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, dependendo da afluencia de público ao recinto feiral. De todos os xeitos, manterase de forma continuada dende as 19:00 horas do día 4 ata as 06:00 horas do día 6 de outubro, dende as 19:00 horas do día 7 ata as 06:00 horas do día 10, e dende as 19:00 horas do día 11 ata as 06:00 horas do día 13 de outubro. As vías afectadas pola instalación de atraccións de feiras e casetas de venda dos diferentes produtos, soamente poderán ser usadas por vehículos debidamente autorizados.

 

CONSULTA AQUÍ A ORDENACIÓN DAS DISTINTAS RÚAS AFECTADAS QUE SUFRIRÁN MODIFICACIÓNS 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo