O Concello iniciará o 9 de setembro a intervención subsidiaria do inmoble 48 da Rolda da Muralla

O mércores, 9 de setembro é a data na que o Concello de Lugo ten previsto iniciar, de forma subsidiaria, os labores de desentullo do inmoble número 48 da Rolda da Muralla, para garantir a estabilidade do edificio e a seguridade cidadá.
O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, explicaba hoxe que a Xunta de Goberno Local desta semana autorizará o comezo dos traballos que, “segundo o proxecto elaborado por Evislusa, consisten no apeo da estrutura, o arriostramento de muros, a retirada de cascallos e a recuperación dos elementos catalogados cos que conta a construción. Operacións orzamentadas en 48.173’11 euros, das que se encargará a
empresa Aldariz Ferreiro e para as que dispón dun prazo de 6 meses”.
O concelleiro indicou tamén que na mesma sesión o executivo procederá a desestimar os recursos de reposición presentados polas propietarias do edificio “ao non axustarse as súas argumentacións ao obxecto dos requirimentos municipais e por non gardar relación co preocupante estado de conservación no que se atopa a vivenda nin á necesidade urxente de dar cumprimento íntegro as obras ordenadas, xa en 2005, para reverter a súa situación tan lamentable“.
“Comeza pois, a conta atrás para materializar unha intervención que as propias donas da edificación levan pospoñendo, incomprensiblemente, 15 anos, tempo no que de forma reiterada e neglixente desoíron os chamamentos da administración local” e
lembrou que, dende o 2001, ano no que se advirte por primeira vez da necesidade de actuar sobre a mesma, o Servizo de Urbanismo emitiu máis dunha trintena de resolucións, instándoas a corrixir as deficiencias detectadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com