O Concello instala un paso elevado no barrio da Residencia

O Concello de Lugo vén de instalar unha banda elevada redutora de velocidade na rúa Serra Gañidoira, no barrio da Residencia, co obxectivo de controlar o tráfico existente nesta rúa e para garantir a seguriade vial da veciñanza. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este venres esta zona, acompañada da presidenta da Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia, Cecilia Vázquez, e dunha decena de veciños e veciñas.

Tal e como manifestou a rexedora na visita, esta actuación dá continuidade aos cumprimentos que adquiriu o Goberno cos veciños e veciñas da Residencia, neste caso coa colocación desta banda para aminorar o tráfico, ante a elevada velocidade coa que transitaban os vehículos. Esta medida complementa outras actuacións realizada neste barrio, como a renovación dos bancos do entorno do Vello Xeral, o pintado da sinalización horizontal ou o podado dos árbores para que non invadiran as vivendas.

“Estamos cumprindo unha serie de compromisos co barrio da Residencia e seguimos reivindicando esas prestacións prometidas pola Xunta de Galicia para esta zona”, subliñou Lara Méndez, quen asegura que é o momento de reivindicar, pois estanse elaborando os orzamentos da Xunta. Nesta liña, a Alcaldesa instou á administración autonómica “a reflexar os compromiso adquiridos cos veciños e veciñas, con Lugo e con este barrio” no orzamento para o 2017, para que sexan unha realidade. “Queremos que o barrio volva a dinamizarse e queremos que volva recuperar o seu esplendor”, concluíu Méndez.

Coa instalación desta banda reductora, Lugo continúa coas súas accións para mellorar a seguridade vial en distintos puntos da cidade, como o repintado duns 150 pasos en medio cento de rúas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com