" />

O Concello ofrece 540 prazas nas Aulas Abertas para a conciliación familiar

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión no Concello de Lugo, Ana González Abelleira, mantivo un encontro esta mañá cos cativos e cativas que están a participar nas Aulas Abertas do  Centro de Convivencia Maruja Mallo, unha programación posta en marcha pola entidade local nos períodos de vacacións para facilitar a conciliación laboral e familiar.

Con estas actividades, que tamén teñen lugar nos centros Uxío Novoneyra, Lamas de Prado, Milagrosa, Fingoi e María Balteira, o Concello ofrece 540 prazas para os cativos e cativas lucenses, entre os meses de xullo e agosto, de entre 3 e 7 anos. As Aulas Abertas, que buscan ofrecer unha alternativa máis aos máis pequenos da casa ao longo do verán e que lles facilita que se manteñan en contacto con outros nenos e nenas da súa idade, rematarán o 31 de agosto.

Durante o encontro, Ana González Abelleira presenciou unhas demostracións de coreografías musicais realizadas polos propios nenos e nenas que participan nestas actividades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo