O Concello organiza un ciclo de masterclass online de nutrición

A área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira organiza un ciclo de masterclass de nutrición. Trátase de distintas charlas, de xeito telémático, co que Xuventude busca ofrecer aos rapaces e rapazas educación nutricional e crear unha contorna saudable, dado que cada vez máis, as persoas mozas estanse desligando da dieta mediterránea e a inxesta de alimentos locais ou de tempada estase vendo diminuida en detracción a produtos ultraprocesados e a comida precociñada.

Para abordar esta problemática aportando solucións prácticas á poboación máis moza de Lugo, proponse esta programación, mediante a producción de vídeos e a interacción coas persoas usuarias respondendo a todas as súas dúbidas e preguntas. Nestes vídeos de masterclass aportanse recetas saudables para realizar na casa con ingredientes sencillos e fáciles de atopar en calquera superficie de alimentación, daranse claves para realizar un menú saudable, alternativas de consumo de produtos ultraprocesados ou claves para manter un bo sistema inmunitario, entre outros.

As masterclass, que estarán impartidas pola dietista-nutricionista Ángeles Novo, terán lugar todos os mércores, do 19 de agosto ata o 7 de outubro, ás 12:30 horas en agosto e en setembro e outubro ás 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo.

A calendarización é a seguinte:

Mércores 19/08: 12:30 horas: Masterclass Etiquetado Nutricional

Mércores 26/08: 12:30 horas: Masterclass Trucos para non caer nos antollos

Mércores 02/09: 20:00 horas: Masterclass Mitos nutricionais

Mércores 09/09: 20:00 horas: Masterclass Mellora o teu sistema inmune coa alimentación

Mércores 16/09: 20:00 horas: Almorzos saudables

Mércores 23/09: 20:00 horas: Ceas saudables

Mércores 30/09: 20:00 horas: Picoteos saudables

Mércores 07/10: 20:00 horas: Receitas doces

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com