O Concello de Lugo informa de que a partir das 12:00 horas desta mañá está previsto que a Área de Transición Ecolóxica proceda ao peche dos parques da cidade ante a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía da chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo nesta tarde noite, por ventos de compoñente suroeste que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán o centro da provincia de Lugo.
Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.
Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións e que non se acheguen ata as zonas verdes municipais con arboredo ata que remita este temporal, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.