" />

O lume obriga a desaloxar varios núcleos no sur da provincia

Situación preocupante nos municipios de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón onde a Xunta decretou alerta 2  pola proximidade do lume ao núcleo de Parada de Montes en Folgoso do Courel. Este incendio permanece activo desde o xoves ás 20,25 h. da tarde. No seu control traballaron ata o momento 1 técnico, 21 axentes, 27 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 7 helicópteros.

Tamén hai Situación 2 polo lume orixinado na parroquia de Seceda, tamén en Folgoso do Courel, ás 1,40 h. do venres e que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 1.100 hectáreas provisionais. Así mesmo, está declarada a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal do concello da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que permanece activo desde as 20,37 h. do xoves e afecta unha superficie provisional de 600 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo