O Concello pechará sete rúas ao tráfico para ampliar as zonas de terraza e de paseo peonil

O Concello pechará ao tráfico rodado seis rúas: Mallorca, Recatelo, carril dos Loureiros, Isaac Díaz Pardo, Vila de Sarria e Avelino Pousa Antelo co fin de incrementar, por unha parte, os espazos de paseo da cidadanía e, pola outra, da superficie destinada á terraza.

Ademais, permitirase a instalación de mesas e cadeiras nas prazas públicas e nas rúas peonalizadas.

No caso da Praza de Augas Férreas, ademais do seu uso para ampliar ou colocar novas terrazas, gañarase espazo para a cidadanía, xa que quedarán como zonas exclusivamente peonís e libre de terrazas a vía de intersección entre as rúas Cánovas del Castillo e Rafael Dieste e a de  intersección con Vázquez Seijas.

Por outra banda, os locais poderán usar as beirrarúas ou, alternativamente, a área destinada aos estacionamento de vehículos pero só na marxe da vía lindeira coa beirrarúa na que se atopa a fachada do establecemento, e por unha distancia, en ambos os dous casos, que non supere a lonxitude da fachada.

Os establecementos deberán remitir ao Concello unha comunicación previa da ampliación ou instalación da terraza, xunto coa fotografía da fachada do establecemento ou do espazo debidamente  delimitado, e xustificante de pago do último recibo do seguro de responsabilidade civil obrigatorio.

As medidas entrarán en vigor o sábado día 23 mes e durarán ata o 31 de agosto e a Policía Local realizará un seguimento co fin de que se respecten en todo momento as pautas de seguridade e protección, como as distancias, co fin de que as terrazas non se convertan nun risco de contaxio.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com