" />

O Concello premia os mellores escaparates inspirados na antiga Roma

Os establecementos D´Nué e Veritas Veritatis foron os gañadores do segundo concurso de decoración de escaparates e establecementos do Arde Lvcvs. Trátase dun certame posto en marcha polo Concello en colaboración coa Federación de Comercio e a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo para implicar os empresarios no Arde Lvcvs, promovendo entre os establecementos a decoración inspirada na antiga Roma, facendose así máis atractivos ao público.

O segundo premio, dotado de 400 euros recaeu no establecmento de moda D´Nué e o terceiro, de 200 euros, en Veritas Veritais. Ambos os gañadores recibiron ademais un diploma acreditivo. Quedou deserto o primeiro premio, tanto para establecementos de hostalería, por non presentarse ningún escaparate, como de comercio, por non reunir os estándares mínimos para ser asignada a distinción.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, agradeceu a implicación tanto dos 2 locais gañadores como dos 13 demais participantes, ao tempo que puxo en valor a orixinalidade e a esencia do Arde Lvcvs que desprendían as creacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo