O Concello prepárase para impulsar os primeiros Orzamentos Municipais con perspectiva de xénero

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta mañá que “o os orzamentos municipais elaboraranse por primeira vez con perspectiva de xénero na súa planificación e xestión incorporando, ademais dun Informe de Impacto de Xénero, unha análise de política de gasto municipal con indicadores e medidas a aplicar”. Así o deu a coñecer esta mañá a rexedora acompañada da Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira.

Segundo avanzaron, o Goberno municipal iniciará un “proceso complexo” que require dunha implantación progresiva que levará varios exercicios” pero, asegurou, contan coa determinación de que este documento presupostario para o 2021 “naza xa ao amparo desta filosofía coa que buscamos reforzar as políticas encamiñadas a conseguir unha igualdade real”.

Méndez destacou o compromiso firme do Concello de Lugo en dar novos pasos ao fronte co fin de fomentar a igualdade “a través da ferramenta máis potente coa que contamos: os Orzamentos, que é a fotografía que sinala as prioridades de Goberno e o sustento da súa capacidade para concretar as políticas e mostrar a súa priorización”.

Neste senso, afirmou que “Lugo sitúase á vangarda do municipalismo galego nesta materia xa que seremos  o primeiro Concello de Galicia que analizará as contas públicas desde esta perspectiva, máis alá da elaboración dun informe de impacto que están desenvolvendo noutros municipios”.

A rexedora alarmou do risco de que, como pasou noutras pandemias, como o Ëbola, o Zika ou o SARS, tal e como amosaron os estudos académicos, as políticas de igualdade queden relegadas a aspectos secundarios, xerando efectos de longa duración, difíciles de reverter no curto ou o medio prazo.  E incidiu que durante esta crise “reforzáronse os roles de xénero xa asentados tanto nos coidados da familia, coas crianzas e na atención ás persoas dependentes, que as mulleres continúan asumindo en maior medida que os homes, e tamén vemos como as mulleres son tamén as máis prexudicadas pola crise económica e como aumentaron os casos de violencia de xénero”.

A concelleira de  Muller e Igualdade, Ana G. Abelleira, comentou que a política de gasto municipal incorporará indicadores e medidas, “ao mesmo tempo que se impartirá na administración formación especializada para o desenvolvemento de ferramentas e dunha metodoloxía que permitan unha correcta análise orzamentaria con enfoque de xénero”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mari Dominguez
    Xul 09, 2020 - 03:30 PM

    Anda yá.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com