Esta mañá o Concello presentou o percorrido definitivo da cabalgata, que será o habitual, partindo ás 18:00 do Parque da Milagrosa e continuando por Monte Faro e pola avenida da Coruña. A entrada no recinto histórico será pola Porta de San Fernando e continuará percorrendo as rúas San Fernando e San Marcos, para chegar á praza de Santo Domingo e continuar pola rúa da Raíña, antes de rematar diante do Concello aproximadamente ás 19:30, momento no que os Magos de Oriente recibirán a todas as nenas e nenos que entren no Concello.
A cabalgata deste ano está dedicada aos mundos fantásticos e aqueles seres que os habitan.
Melchor, Gaspar e Baltasar contarán con 4 carrozas, unha para cada un deles e outra para poder levar os agasallos de todas as nenos e nenos de Lugo. As súas carrozas ambientadas na temática desta cabalgata levarán ás súas maxestades ao fondo do mar, aos ceos e máis aló de onde rematan os mapas. Criaturas fantásticas acompañarán a cada un deles e un vello amigo desta cidade na súa versión máis xigantesca coidará de que non se perdan os agasallos.
A cabalgata contará con 16 espectáculos que inclúen a partipación de máis de 100 actrices, actores e músicas. Durante o desfile, os paxes reais repartirán máis de 1000 quilos de caramelos, entre todas as nenas e nenos, que se acheguen ao percorrido e, unha vez dentro do Concello, recibirán un dos máis de 2000 cornetes de lambetadas que levarán tamén un pequeno xoguete ou recordo.






