" />

O Concello presentou as modificacións da mobilidade na zona da Mosqueira

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, explicou polo miúdo a reordenación que sufrirá o tráfico rodado na contorna da Mosqueira unha vez se realice a súa peonalización.
O cruce entre a rúa Vilalba e Ramón Ferreiro pasará a ter unha rotonda que axilizará o tráfico que continuará pola avenida Rodríguez Mourelo ou pola avenida Ramón Ferreiro, mentres que a avenida alcalde Anxo López Pérez cambiará de sentido. Para continuar cara a San Roque, deberá collerse a rúa Salvador de Madariaga, que cambiará de sentido, continuando pola praza de Bretaña e a Rúa Dinán, onde se poderá coller a rúa das Hermanitas para chegar a San Roque ou a rúa Cidade de Vigo, que cambiará tamén de sentido para comunicar, mediante o treito da praza da Constitución próximo á estación de autobuses co colexio Maristas e co aparcadoiro disuasorio do seminario menor. Ademais, instalarase un semáforo para mellorar a seguridade no cruce entre a rúa Salvador de Madariaga e a avenida Ramón Ferreiro.
O proxecto suporá unha transformación importante diante da porta de San Pedro, que permitirá un paso directo dos peóns que suban polo Camiño Primitivo até a propia Porta, suprimindo os valados existentes e situando os pasos de peóns nese punto, o que permitirá tamén que os peóns que camiñen polo lado dereito de San Roque en dirección ao centro crucen cara a esa beirarrúa de forma directa”, explicou Arroxo”

“Malia que se van aumentar o número de cruces regulados por semáforo, os tempos previsiblemente non aumentarán, de feito, pode que ata haxa momentos do día con tráfico máis fluído ao non ter que agardar o tráfico de San Roque polo da Ronda”, afirmou Rubén Arroxo, que explicou “os novos semáforos servirán para aumentar a seguridade nos cruces, e o percorrido que une a rúa Vilalba con San Roque será o prioritario, polo que os desprazamentos poderán chegar a ser máis rápidos que co plan actual”. “A reordenación do tráfico producirase antes do inicio das obras na Mosqueira para evitar problemas na circulación”, sentenciou Rubén Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo