" />

O Concello quere aproveitar as augas termais do Miño para crear espazos lúdicos

O Concello está a explorar a existencia de augas termais no río Miño. Así o deu a coñecer este venres a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na Ponte Romana, un enclave que o Goberno quere rentabilizar. Para elo, e tendo coñecemento de que existe a posibilidade de que nas inmediacións existan reservas de auga termais, a entidade local contratou un estudo histórico xeolóxico das marxes do Miño, ao seu paso por Lugo, para confirmar a localización de ditas augas a carón do río, “onde vemos un posible futuro enriquecedor para a cidade, e polo tanto, de autoestima para Lugo”. Desta investigación faise cargo o Centro de Estudos da Historia da Cidade, dependente da USC.

Este estudo, centrado máis na marxe dereita do río e que está a desenvolver un equipo interdisciplinar de profesionais dende xeológos a arqueológos, permitirá o vaciado documental da información conservada nos fondos municipais ou nos arquivos, relativo ao barrio da Ponte, San Lázaro, Ribeira, Cuíña e Tolda de Castela; o vaciado bibliográfico da información relativa ao Balneario de Lugo e traballo de campo coa poboación do barrio da Ponte para recabar información sobre a existencia de pozos ou manantiais de augas termais ou sulfurosas na zona; sempre respectando os dereitos do balneario, para, se é posible, executar un plan de actuación que podería ser un novo aproveitamento das augas termais.

“É certo que o disfrute do Miño está moitísimo máis potenciado pola marxe esquerda, pero o noso compromiso é apostar por todos os barrios. É que menos que apostar por un dos barrios máis senlleiros de Lugo, polo barrio da Ponte”, subliñou Méndez.

A rexedora explicou que as augas termais teñen, ademais dos beneficios para a saúde, beneficios para facer de Lugo a cidade de referencia do norte de España. O Goberno quere ofrecer algo singular: cultura, gastronomía, paisaxe e agora, augas termais a carón da Ponte Romana. “Os veciños e veciñas teremos unha alternativa máis para gozar de Lugo e os visitantes unha máis para visitarnos. Porque, como me gusta dicir, Lugo é experiencia e é como che fai sentir cando estás aquí”, concluíu a Alcaldesa.

Para o BNG-AA a cre que é unha boa opción o aproveitamento das augas termais e propón crear piscinas termais que sexan “totalmente accesibles”, así como un aparcadoiro verde. A vez que subliñan que “as piscinas termais deben estar incluídas nunha “rede de infraestruturas de deporte e natureza”. O voceiro nacionalista defende que o río Miño é, xunto á Muralla, un dos principais sinais de identidade que ten Lugo, polo que ten que ser potenciado.

O BNG propon piscinas termais

Dende o BNG-AA  cren que é unha boa opción o aproveitamento das augas termais e propón crear piscinas termais que sexan “totalmente accesibles”, así como un aparcadoiro verde. A vez que subliñan que “as piscinas termais deben estar incluídas nunha “rede de infraestruturas de deporte e natureza”. O voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, defende que “o río Miño é, xunto á Muralla, un dos principais sinais de identidade que ten Lugo, polo que ten que ser potenciado”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo