" />

O Concello recorrerá a sentenza que lle obriga a admitir como empregadas a catro extraballadoras do 010

O Concello de Lugo vén de informar sobre a sentenza que obriga ao Executivo municipal a admitir como persoal laboral indefindo a catro extraballadoras da empresa concesionaria que xestiona o servizo de información municipal 010. Así, e en resposta ás críticas vertidas polo Partido Popular esta mesma mañá, o Goberno Local informou que procederá a recorrer a sentenza, seguindo as recomendacións da Asesoría Xurídica municipal.

O Goberno indica tamén que a orixe do devandito conflito laboral vén fundamentada na interpretación que recolle o convenio colectivo do sector ao respecto da subrogación dos traballadores deste ramo. Así, fronte as acusacións do vicevoceiro popular, o Goberno contrapón todo o proceso de regularización da situación laboral dos empregados da Administración local levada a cabo polo Executivo nos últimos meses, “facilmente contrastable cos numerosos procedementos convocados e, entre outras medidas, coa entrada en vigor da RPT, a posta en funcionamento dunha bolsa de traballo para 42 categorías profesionais así como a provisión das xefaturas de servizo, etc, etc que restan de toda credibilidade as manifestacións efetuadas polo PP”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Abr 16, 2021 - 10:44 PM

    Vaya,vaya,vaya. Ya anda el chico del PP liándola. Así que esas extrabajadoras quieren pasar a ser funcionarias, claro, cómo no, si cuela… Siempre estará él ahí para las causas “justas” Qué Crack ¡¡

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo