O Concello remata a substitución das placas con nome franquista acordada en pleno

O Concello de Lugo vén de completar a substitución das placas con nomenclatura franquista. Nestes dias cambiáronse as placas das rúas General Tella, Cedrón del Valle, Irmáns Pedrosa e Carlos Azcárraga, que locen como: Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Xaquín Lorenzo e Adolfo Suárez, respectivamente. Este cambio súmase aos acometidos nas últimas semanas, nos que se renomearon as rúas Teniente Coronel Teijeiro e Ruíz de Alda, así como a praza Comandante Manso, por Lois Peña Novo, Luis Cordeiro e praza Mártires de Carral. Trátase duns cambios que responden a un acordo plenario de maio do pasado ano, onde se decidiu renomear a sete rúas afectadas pola Lei de Memoria Histórica.

A adxudicación da subministración das placas fíxose no pasado mes de febreiro a través dun contrato menor por un importe de 6.800 euros, que irán destinados a colocar un total de 18 novas placas de parede e 40 con poste. A empresa adxudicataria proporciona o material e a brigada de obras do Concello colócaas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com