O Concello renova o pavimento do acceso e da contorna da igrexa do Sagrado Corazón

O Concello vén de pavimentar o vial de acceso e a contorna da igrexa do Sagrado Corazón, unhas obras que están enmarcadas dentro do Plan de Barrios e que dan resposta a diversas peticións formuladas pola veciñanza desta zona.

As tarefas, cun orzamento duns 17.000 euros, consistiron na reposición do pavimento mediante capa de zahorra artificial, capa intermedia formada por mistura bituminosa en quente e capa e rodadura formada tamén por mistura bituminosa en quente. A día de hoxe está pendente a renovación da sinalización horizontal das liñas de delimitación da calzada.

Deste xeito, a entidade local mellora a rúa e a explanada deste punto emblemática do barrio, onde o Concello tamén está instalando un ascensor de uso público. Con esta intervención, ademais garántense as boas condicións dun servizo público, mellorando ao mesmo tempo, a calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo