O Concello renovará a sinalización horizontal de 47 rúas e prazas de toda a cidade

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou a posta en marcha do plan anual de sinalización horizontal da rede viaria da cidade co obxectivo de mellorar a seguridade dos peóns e conductores. Segundo informou o voceiro municipal socialista, o proxecto está dotado cun orzamento de preto de 120.000 euros e afectará a 47 rúas e prazas de toda a cidade, nas que se renovará, nuns casos unha parte, e noutros a totalidade da sinalización horizontal existente, ademais de levarse a cabo diversas melloras, como a creación de novos pasos de peóns ou outras medidas para facer a circulación de tráfico máis fluída e segura.

Estas actuacións acométense en base a un informe do Gabinete de Tráfico que sinala as zonas nas que é prioritario levar a cabo a renovación da sinalización. Os traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, acometeranse segundo o horario acordado co Gabinete de Tráfico do Concello, e nos días da semana nos que o nivel de ocupación das vías sexa menor ou, nos casos que sexa necesario, en horario nocturno, co obxectivo de provocar as menores molestias posibles aos veciños e visitantes.

As rúas e prazas nas que se renovarán as sinais horizontais son as seguintes: Teatro, Montevideo, Bolaño Rivadeneira, San Fernando, Amor Meilán, Praza do Ferrol, Quiroga Ballesteros, Praza de Santo Domingo, Irmáns Pedrosa, República Argentina, Fingoi, ronda das Mercedes, Praza do Rei, Praza de San Xoán, Ramón Ferreiro, Montero Ríos, Fontiñas, Magoi, Madanela, Augas Férreas, Cántigas e Frores, rúa do Valiño, Illan de Man, Erín, San Roque, Marina Española, Vázquez Seijas, Pintor Laxeiro, Carril das Hortas, Carril das Flores, Bernardino Pardo Ouro, Irmáns Carro, Carlos Azcárraga, Río Eo, Alta, Garaballa de Arriba, Conde, Rafael de Vega, Salmón, enlace entre a glorieta de Infanta Elena e Camiño de Roca, Miguel de Cervantes, Serra de Ancares, Illas Canarias, Illas Cíes, Río Narla, Alexandre Bóveda, Río Sil e Ruiz de Alda.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o proceso de contratación dun servicio para o control de pombas na cidade, que dá continuidade ao que xa está en marcha dende o ano 2011, e que remata o vindeiro mes de agosto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com