O Concello saca a contratación novas obras do Plan de Barrios

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou hoxe sacar a contratación a rehabilitación de firme na rúa Santo Graal, na Piringalla, e a amplicación da rede de abastecemento en Saamasas. Trátase de dúas obras do Plan de Barrios que puxo en marcha o equipo de Lara Méndez, e que contan cun orzamento de licitación de 310.000 euros e 79.000 euros respectivamente.

Tal e como explicou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, as tarefas en Santo Graal consisten en mellorar o firme, pois atópase cun estado superficial inadecuado con múltiples zonas de grietas e pavimento cuarteado. O prazo de execucución dos traballos será de 6 meses. No caso das Saamasas, o Concello dotará a este núcleo da rede de abastecemento municipal xa que actualmente a veciñanza da contorna ten pozos particulares; ampliando deste xeito a rede que existe nas proximidades.

O Concello publicará un anuncio de licitación no Perfil do Contratante, aloxado na Plataforma de contratación do sector público. O prazo de presentación de proposicións será de vinte días naturais contados dende dita publicación.

Na sesión de hoxe, aprobouse ademáis sacar a contratación o servizo de axuda no fogar por unha duración dun ano, podendo prorrogarse por períodos máximos anuais sen exceder de cinco anos; e un orzamento de 3.690.780,72 euros para a primeira anualidade. Así mesmo, tamén se aprobou unha liña de axudas para asociacións e persoas xurídicas privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da xuventude, por 10.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo