" />

O Concello tramita 479 novas sancións por infraccións á normativa da Covid19

O Concello de Lugo inicia estes días a tramitación de 479 novos procedementos sancionadores por infraccións á normativa autonómica do Covid. Estas multas, segundo indicou Miguel Fernández, súmanse ás 273 xa xestionadas pola Policía Local no mes de marzo por incumprir a Lei de Saúde de Galicia na que figuran recollidas (a través do Decreto Lei 21/2020, de 09 de xuño) as medidas de prevención e contención fronte á crise sanitaria que ocasionou a pandemia, tras recuperar a Xunta, logo do Estado de Alarma, a titularidade na materia.

“En total, estes novos expedientes terán un impacto económico de 135.900 euros – ou 67.950 € no caso de que se proceda ao seu pronto pago -. Se os engadimos aos abordados en marzo (273 por valor de 101.700 €) esta cantidade ascende en total aos 237.600 euros”, sinalou.

A encargada de efectivizar o cobro será a empresa que asume a colaboración na xestión administrativa e recadación de multas, despois de que a Xunta de Goberno Local autorizara a modificación do contrato en vigor, ante a insuficiencia de medios técnicos e de recursos humanos propios da institución para asumir directamente este cometido.

Unha tarefa que lle suporá anualmente a Administración local un custo de 58.080 euros pero que prácticamente xa quedou compensado co abono das primeiras sancións. “En calquera caso, dende o executivo local lembramos que as medidas sanitarias non teñen vocación de recadar, mais non podemos baixar a garda. Todas e todas debemos seguir cumprindo as normas de protección para coidarnos e coidar tamén aos demais”, apuntou Miguel Fernández.

Cómpre lembrar que, pese a que os informes emitidos pola Avogacía do Estado ratifican que se trata dunha competencia autonómica, son os Concellos os que, seguindo o criterio do Consello Consultivo de Galicia están a exercer esta función, na que tamén se inclúe a tramitación das infraccións interpostas, dentro desta casuística e no ámbito territorial do municipio, polo resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo