O Conselleiro de Cultura visita Lugo con motivo da declaración de Ben Mundial dos Camiños do Norte

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais a Secretaria Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, percorreron na mañá de hoxe un treito do Camiño Primitivo con motivo da súa declaración como Patrimonio Mundial da Unesco.

Acompañáronos na visita a cidade lucense a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, e o voceiro municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, entre outros.

O remate do percorrido, que finalizou ás portas da catedral de Lugo, tamén declarada Ben Mundial, tivo lugar o acto de celebración que comezou coas palabras da Alcaldesa Lara Méndez, quen destacou a importancia deste recoñecemento por parte da UNESCO para a cidade de Lugo e a súa provincia.

“Esto vai a supoñer un paso máis para destacar todas as potencialidades intrínsecas da nosa cidade. É imprescindible a colaboración entre as diferentes administracións, o feito que hoxe estemos aquí tres administracións diferentes é xa un paso adiante para seguir potenciando o noso patrimonio. Hoxe estamos todos de noraboa”, concluíu a Alcaldesa.

Pola súa banda, a Secretaria Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén resaltou a importancia da colaboración entre as administracións, e o traballo diario que esta declaración supón de agora en adiante.”Para nós, como representantes da Xunta de Galicia, énchenos un orgullo. Levamos moito tempo traballando en favor dos Camiños de Santiago, e agora debemos seguir facéndoo conxuntamente. Neste eido, dende a Xunta de Galicia estamos a piques de presentar o Plan Director Estratéxico do Camiño cunha visión 2021 para o vindeiro ano Santo”.

Logo da intervención de Nava Castro, tomou a palabra a Presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia. “Este recoñecemento incrementará as visitas de turistas que teñen un atractivo máis, aínda que por suposto non é o único. Os nosos Camiños son fonte de multiculturalidade, de riqueza, que todas as administracións debemos coidar para conseguir a maior utilidade deste recoñecemento”.

Por último,  Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, pechou o acto sinalando que Lugo consolídase con esta declaración como unha das cidades referentes a nivel mundial no eido cultural. “Pido que afrontemos o traballo que nos queda por diante dun modo colectivo, toca estar a altura deste recoñecemento conservando, ordenando e mimando os valores do Patrimonio Galego que poidamos transmitir as vindeiras xeneracións. Esta declaración non pode ser unha excusa para pedir máis cartos, senón unha motivación para solucionar os problemas que poidan ter estas rutas”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com