O conselleiro de Economía e Industria visita o polígono do Reboredo

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou o polígono do Reboredo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, onde destacou o “esforzo conxunto” co empresariado da comarca, que está a permitir “apoiar proxectos de innovación e emprendemento”.

Resaltou asemade, que Lugo contará cunha aceleradora de innovación que achegará as pemes locais un completo programa de “tutelaxe, de mentorización e de impulso ao crecemento”, coa posibilidade de acceder ao Fondo I2C que está dotado con 15 millóns de euros.

Conde remarcou que as rebaixas de solo industrial ofertadas no contexto da Axenda da Competitividade Industrial, permitiron adxudicar preto de 90.000 m2 de solo na provincia de Lugo en só dous meses, e apuntou a que a nova fase de venta de solo, que se poñerá en marcha en abril, achegará ás empresas interesadas en instalarse no Porto Seco de Monforte descontos do 50%.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo