O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde, participou nunha xornada xunto aos emprendedores no Cetal

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde, salientou hoxe o potencial dos proxectos que se están formando na aceleradora de emprendemento Vía Lugo para xerar riqueza e emprego en Galicia. Estas iniciativas empresariais atópanse actualmente na fase de Academia do programa de aceleración de Vía Galicia, previa á fase final que reunirá en Vigo a 15 emprendedores escollidos de entre eses 20 proxectos que se forman en Lugo, e outros tantos que o están a facer en Vigo.

“Cada un deles, por si mesmo, xustificaría a decisión que Xunta e Zona Franca tomamos fai uns meses para poñer en marcha Vía Lugo no marco de Vía Galicia, contribuíndo a que esta provincia tivese un ecosistema emprendedor de primeira”, dixo Conde. Os proxectos que se están formando nas instalacións de Vía Lugo abarcan sectores como as TIC, aplicadas a multitude de ámbitos, desde os medios de comunicación ata o fogar ou as citas online; o agroalimentario, a biotecnoloxía, o aeronáutico, o eido social, a medicina, a automoción, ou a madeira.

Todos eles, defendeu Conde durante o encontro,” teñen tres cousas en común: son ideas que apostan pola innovación como razón de ser, buscan transformar a realidade ou a vida cotiá dos lucenses e os galegos, para mellor; e teñen un gran potencial para xerar riqueza e emprego”.

Conde amosouse convencido dese potencial máis alá do éxito de cada unha das iniciativas no acceso á fase final do proceso. E neste senso, augurou que o aporte formativo será clave para que os proxectos empresariais que non pasen á seguinte fase tamén teñan un futuro.

Na derradeira fase en Vigo, eses 15 proxectos recibirán 75.000 euros de capital a través da Axencia Galega de Innovación e XesGalicia, ademais de infraestruturas para poñer en marcha a súa empresa e asesoramento experto para desenvolver o seu plan de negocio e captar financiamento.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com