" />

O cribado realizado pola Deputación ao seu persoal remata sen positivos de Covid-19

A Deputación de Lugo vén adoptando dende o inicio da pandemia todo tipo de medidas para previr novos casos de Covid-19 entre o persoal da institución. A pasada semana realizouse un cribado a 200 traballadores e traballadoras, que consistiu nun test rápido de antíxenos con mostra de saliva obtendo o resultado 15 minutos despois da recollida da mostra.

Un 50% do persoal dos diferentes departamentos da institución acudiu ao cribado para a detección do virus, dos que ningún deles resultou positivo neste test de antíxenos. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asegurou que “a Deputación cumpre con todas as medidas necesarias ante a Covid-19, adaptadas a cada momento da evolución da crise sanitaria, incluso con maior intensidade e rigor que as establecidas polas autoridades sanitarias co fin de preservar a seguridade do persoal e da cidadanía”.

Esta medida súmase á loita do goberno provincial ante a pandemia para a protección do cadro de persoal e os veciños e veciñas da provincia. A pesar dos resultados favorables neste cribado, nas dependencias provinciais seguiranse mantendo as medidas xerais de prevención, ventilando as oficinas, gardando distancias de seguridade e mantendo o uso obrigatorio de máscara.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo