O Cupón da Fin de Semana deixa en Lugo 100.000 euros

O Cupón da Fin de Semana da ONCE repartiu un total de 100.000 euros na cidade, con cinco cupóns premiados ás cinco cifras no sorteo de onte, domingo 29 de setembro.

O vendedor da ONCE Ángel Iglesias Fernández vendeu os cupóns no posto de venta habitual do número 3 da Praza de Santo Domingo.

O cupón da Fin de Semana da ONCE ofrece un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón do número e serie premiados na primeira extracción. Ademais, premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos, aos catro cupóns aos números e serie premiados nalgunha das extraccións da segunda á quinta. 54 premios de 20.000 euros ás cinco cifras do número premiado na primeira extracción. E premios de 400, 200, 30, catro e dous euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com