" />

O delegado territorial da Xunta recibe a Xunta directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural da Terra Chá

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro recibiu hai esta mañá ao presidente e a integrantes da Xunta directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural da Terra Chá.

Balseiro expresou o seu compromiso de contribuír á difusión da idea de que “a vida do rural é un orgullo e unha elección que pode ser positiva tamén dende un punto de vista profesional”. O delegado territorial resaltou que a través das axudas que ofrece o Grupo de Desenvolvemento Rural, a Xunta pretende que os homes e as mulleres emprendedoras dean un paso adiante á hora de impulsar novos proxectos.

Estes apoios están orientados dun xeito especial a sectores como o agrogandeiro, o forestal e mesmo o turístico porque son algúns dos puntos fortes das comarcas do rural da nosa provincia. Balseiro asegurou que nestas axudas tamén ten cabida o apoio a calquera iniciativa de emprendemento que poida ser positiva.

 

No encontro tamén explicaron que, unha vez rematado o primeiro prazo de solicitude o 31 de marzo, presentáronse 28 proxectos que están en proceso de valoración. Con todo, permanece aberto un segundo prazo excepcional, ata o 31 de maio, para que se incorporen novas solicitudes, que serán valorados, ata que se esgote os 933.000 euros dispoñibles para este GDR.

No conxunto de Galicia Lugo é a provincia con máis solicitudes 261. “Que a nosa sexa a provincia máis activa, é para nós un dato moi satisfactorio e proba o dinamismo da sociedade”-indicou o delegado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo