" />

O deputado de Relacións Institucionais fixo un chamamento ao Partido Popular, despois de que este se atribuíse o mérito do Plan Único da Deputación de Lugo

Álvaro Santos, deputado de Relacións Institucionais, fixo un chamamento ao Partido Popular , despois de que este se intente atribuir o Plan Único presentado polo Partido Socialista. Santos mostruse tranquilo ante esta situación, xa que sabe que “os veciños e veciñas de Lugo son o suficientemente intelixentes para saber quen promove o plan único da Deputación de Lugo“. Ademais, explicou que hai probas de que o Partido Popular non ten nada que ver neste plan, xa que no pleno no que se presentou, os únicos votos a favor foron por parte dos socialistas.

Álvaro, pediulle aos populares e que se impliquen en mellorar as infraestructuras da provincia de Lugo e o investimento. O partido popular “quere enmascarar o fracaso ou o secuestro de investimentos que practican dende a Xunta de Galicia coa provincia de Lugo tratando de atribuirse o que non fan, eu pídolle que  se poñan a traballar e que eses 6 millóns de euros que limpiaron co plan de camiños municipais  os devolvan”.  Aclarando finalmente que a Deputación é a administración que máis obra pública contrata e promove na provincia de Lugo.

O deputado rematou vendo a parte positiva desta atribución, xa que como dixo, “iso significa que o traballo dos socialistas están ben feito”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo