O descenso de casos e contaxios covis non chega para aliviar a presión asistencial

Fin de semana de datos positivos no relativo ao avance da Covid na nosa provincia. Con 419 altas dende o venres e un significativo descenso do número de positivos detectados, a  cifra de infeccións activas ata as 18 horas de onte eran de 1171 casos. Un descenso de 266 persoas con respecto do venres. 

Pero aí non acaban as boas novas, no tocante aos contaxios, mentres o venres o SERGAS informaba de 62 novos positivos, no día de onte detectáronse tan só 35. Con todo, esta cifra non se pode tomar como algo moi significativo debido a que durante as fins de semana sempre se rexistran baixadas no número de casos. O importante é que o descenso se siga mantendo o resto de semana. 

Pero estas boas cifras non son suficientes para aliviar a presión asistencial. En planta continúan recuperándose 61 pacientes covid, un menos que onte, mentres que na UCI do HULA, a única da provinicia con casos covid, están ingresadas 26 persoas, algunhas delas procedentes de Ferrol. 

Volvendo ás plantas de hospitalización, por hospitais, o HULA suma 38 pacientes covid e o Polusa conta cun só infectado. O Hospital de Monforte resta dous pacientes e queda con 13 mentres que no da Costa recupéranse 9 persoas.

Por último, esta fin de semana hai que lamentar novos falecementos. En total, dende o inicio da pandemia, en Lugo faleceron 199 persoas da provincia, 191 sen contar os finados noutras provincias. As cinco últimas vítimas, todas notificadas esta fin de semana foron un home de 85 anos que morría no Hospital da Mariña e unha muller de 98 que o facía na residencia Nosa Señora do Carmen, en Sarria, os dous o sábado. Onte o SERGAs notificaba o falecemento de tres persoas no HULA, tratáse de dous homes de 81 e 51 anos e unha muller de 84.

Pola contra, hai que celebrar as preto de 10.000 persoas que superaron xa a enfermidade dende o pasado mes de marzo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com