" />

O Día das Letras Galegas 2016 dedicarase ao poeta Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María (Outeiro de Rei, 6 de outubro de 1929 – A Coruña, 8 de setembro de 2004) foi o poeta elexido pola Real Academia Galega (RAG) para dedicar o vindeiro Día das Letras Galegas 2016, recoñecendo deste xeito a traxectoria dun autor que destacou polo seu carácter combativo e o seu compromiso político.

Estaban nominados outros dous candidatos, Xela Arias e o ferrolán Ricardo Carballo Calero, aínda que foi Manuel María o que se impuxo logo dos votos dos trinta académicos numerarios.

Entre a variada e extensa temática dos seus poemas destacan o compromiso político, a denuncia de defectos, o amor e o arte, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo e a xeografía.

Manuel María foi o artífice do primeiro libro en galego publicado por un autor novo logo da Guerra Civil, titulado Muiñeiro de brétemas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo