" />

O Día das Letras Galegas tamén se celebrou en Romanía

O mosteiro de SUCEVITA, no norte de Romanía, foi hoxe testemuña da homenaxe que lle ofreceron ao poeta  Manuel María os membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, co gallo do Día das Letras Galegas.

Os integrantes do coro da Asociación, de viaxe por terras romanesas, honraron ao egrexio escritor  cantando a canción “O Carro” un dos poemas máis coñecidos do poeta de Outeiro.

A continuación, Xulio Xiz, membro de da Asociación, e intimo amigo do poeta, fixo unha emotiva lembranza do bardo, onde, entre outras salientou, que co seu libro “Terra Cha” fixo nacer a conciencia dunha comarca das máis representativas das terras luguesas.
O acto rematou coa entoación do Himno Galego por parte de todos os membros da asociación que gozan desta viaxe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo