O Entroido de Lugo abre o prazo de inscrición para os seus dous concursos de disfraces

O Entroido de Lugo abre o prazo de inscrición para os seus dous concursos de disfraces: o infantil, que terá lugar o sábado 2 de marzo e o de adultos, que se celebrará o martes 5 de marzo. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas e repartirán un total de máis de 6.000 euros en premios. Os participantes concentraranse na Praza da Soidade media hora antes do desfile, que terá o seguinte  percorrido: rúa Antón Fraguas , Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.

As inscrición deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres, 1 de marzo, para o certame infantil, e do luns, 4 de marzo, para o de adultos. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

Os premios para o concurso infantil estarán compostos por tres lotes de libros por categoría (un para cada posto) cuxo valor variará, no caso dos disfraces individuais, entre os 50 e os 30 euros; nas parellas, entre os 75 e os 50 euros e, por último, nas comparsa o lote de libros terá un valor de entre 150 e 100 euros.  Asemade, no concurso infantil, haberá, en cada categoría un premio especial ao disfrace reciclado, de 50, 75 ou 150 euros respectivamente;, e outro galardón, compatible con calquera dos premios anteriores, que valorará a elaboración do disfrace por parte do neno.

En canto ao concurso de adultos, na categoría individual se entregarán 500 euros ao primeiro galardoado, 300 ao segundo e 200 ao terceiro; ademáis haberá tres premios máis de 50 euros cada un. Na categoría de parellas, os premios serán de 600, 400 e 300 euros respectivamente, con cinco premios máis de 100 euros. E, por último, as comparsas loitarán por un primeiro premio de 1.100 euros, un segundo de 800 ou un terceiro de 600 ademáis de 7 galardóns de 200 euros cada un.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com