O escritor lugués Lois Pérez abre o Entroido 2016

A Banda Municipal de Música e o grupo de percusión Odaiko encargáronse onte de quentar o ambiente festivo do Entroido 2016 en Lugo, que arrancou na tarde deste venres cun pregón cargado de retranca e filosofía de vida pronunciado por Lois Pérez, mestre e escritor lucense.

Tras este pistoletazo de saída das festas máis desenfadada e pícara do ano tivo lugar o Entroido Escénico, a cargo do grupo de teatro da Asociación Down Lugo e Os Palimoquiños e Cia. As charangas Garrafón.com, a Excusa e Os Amigos do Manolo amenizaron a xornada.

Ata o martes, celebraranse unha vintena de actividades. Mañá sábado, o programa comezará ás 10:00 horas, na Praza da Soidade, coa Feira de Produtos Típicos do Entroido, amenizada polos Virtuosos do Tinto. Ás 17:00 horas comezará o gran concurso de disfraces infantil, que repartirá vales por lotes de libros valorados en preto de 1.000 euros. Ademais, a Ronda das Fontiñas, a Praza do Campo, o barrio de Recatelo, Campo Castelo, San Pedro e a Praza Mártires de Carral acollerán diversas actuacións musicais.

O domingo empezará cunha degustación de filloas na Praza da Soidade. A xornada contempla diversas actuacións musicais, así como un baile de entroido no Mercado Municipal de Abastos ás 18:30 horas. O 8 de febreiro os máis cativos poderán gozar cunha ludoteca de xogos xigantes ás 18:30 horas no Mercado Municipal.

Para o martes de Entroido, o Concello ten preparadas actuacións musicais e o gran concurso de disfraces de adultos, que repartirá 6.000 euros en premios. O Velorio e o posterior enterro da Sardiña, así como o concurso de ferretes poñerán o broche de ouro aos carnavais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com