O evento “3×3 Deporte na Rúa” trasládase a setembro por prevención ante a vaga de calor

O Concello de Lugo e a organización do “3×3 Deporte na Rúa” decidiu aprazar a cita prevista para a fin de semana do 26 ao 29 de xuño e trasladala aos días 11, 12 e 13 de setembro por motivos de seguridade e saúde pública.

A pesar do descenso das temperaturas previsto para eses días, os responsables do evento advirten do efecto da inercia térmica acumulada no asfalto e do estrés físico provocado polas altas temperaturas rexistradas durante a semana, factores que incrementan o risco na práctica deportiva ao aire libre.

O evento, coordinado coas autoridades municipais e sanitarias, converterase así nunha das primeiras grandes citas do novo curso deportivo e escolar en Lugo, coincidindo co inicio da actividade dos clubs e escolas deportivas.

Desde a organización confirman que todas as inscricións realizadas seguirán sendo válidas para as novas datas e agradecen a comprensión de participantes, colaboradores e patrocinadores ante unha decisión adoptada con criterios de responsabilidade e protección da saúde.

Fotografía: Pixabay

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com