O feminismo galego encherá as rúas de Lugo de Mulleres con forza o 3 de marzo

Lugo, orgullosa de ser cidade acolledora do movemento feminista galego e da manifestación feminina unitaria, que a Plataforma Galegas 8M decidiu celebrar na cidade o vindeiro 3 de marzo. Así o puxo de manifesto a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, quen avanzou que o Concello se está
preparando para acoller a cita das Mulleres con forza, “pois temos que ser fortes para acabar co patriarcado e co machismo e non dar un paso atrás en materia de igualdade”.

Nesta liña, o Goberno de Lugo decidiu facer folga e renunciar ao soldo correspondente ao día 8 de marzo co fin de apoiar o parón convocado con motivo do Día da Muller no ámbito laboral, de coidados, de consumo e estudiantil para visibilizar o papel da muller e reivindicar igualdade e un mundo máis xusto, no que non teña cabida o patriarcado e no que se garanta a igualdade de oportunidades e dereitos, así como unha sociedade na que non se asasine polo feito de ser muller.

Así mesmo, a Concelleira tamén avanzou o programa de actividades que ultima o Concello polo Día da Muller, en colaboración coa Plataforma Feminista de Lugo, que forman parte de Galegas8M; no que se engloban, como actos institucionais, a entrega de premios Entre Mulleres -o propio 8 de marzo- ou a Andaina pola Igualdade pola Muralla, o 10 de marzo; ademais da mobilización do 3 de marzo, que dará comezo ás 12:00 horas da mañá, percorrendo as rúas de Lugo ata a Praza Horta do Seminario, onde se lerá un manifesto.

Para rematar, Abelleira convidou tanto aos demáis grupos da corporación como á cidadanía a sumarse tanto ao movemento #3MVouALugo como a toda a programación, “que busca rexeitar a desigualdade coa que nos tentan rodear as políticas contrarias aos dereitos que as mulleres fomos acadando ao longo do tempo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo