O GDR Ribeira Sacra-Courel, premio Agader ao Desenvolvemento Rural

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta mañá a X edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. Entre os galardoados, o proxecto do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel, que impulsou a candidatura das Montañas do Courel como novo Xeoparque Mundial recoñedico pola UNESCO.

O presidente autonómico afirmou no acto que a administración continuará a apoiar as iniciativas que creen emprego e contribúen a fixar poboación no rural para que este desempeñe un papel principal na Galicia da próxima década.

Nesta liña, aseverou que “o noso rural esta cada vez mellor conectado coas cidades e entre el, con máis e mellores infraestruturas e máis e mellor conexión a internet; conta cada vez con mellores servizos, como as casas niño e as casas do maior ou o inicio da licitación para instalar caixeiros automáticos nos concellos que non dispoñen deste servizos; e con mozos máis e mellor preparados que nunca, que queren emprender nas súas vilas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo