O Gmpp afirma que hai perigo de incendio nos depósitos de plásticos municipais

O concelleiro do Grupo Popular Manuel López teme que se poidan declarar novos incendios como o que tivo lugar esta fin de semana no punto de recollida de silos de Coeses. O edil do PP afirma que “excepto o que xa ardeu e o de Malle, que se limpou no pasado mes de maio tralas denuncias do PP, hai risco de que se repitan os lumes nos depósitos  do Burgo e en San Xoán do Campo” .

Manuel López, que chequeou nas últimas horas estes puntos de recollida de silos, constatou que os depósitos están saturados e que acumulan residuos de todo tipo (rodas, escombros …). “En San Xoán do Campo como os plásticos e desperdicios taponaban os accesos de fincas colindantes, foron retirados cunha pala cara ao fondo do depósito e agora se amontoan contra as árbores que hai nas inmediacións” explicou López. O edil do PP explicou que “con este panorama o risco de incendio é evidente” censurando que “o goberno local non eliminase este tipo de vertedoiros e puxese en marcha un plan de recollida de silos a demanda dos veciños do rural”. Os populares apostan por un modelo de recollida con periodicidade determinada en puntos fixos de diversas parroquias.

López lembrou como “logo da petición feita polo Grupo Popular en febreiro para que se implantase un novo sistema de recollida de plásticos os socialistas anunciaron que xa estaban traballando nesa liña”. “Á vista está que o goberno local está resultando moi pouco operativo con este asunto” indicou López.

López insiste en que ademais destes puntos de recollida de silos , a actual política de retirada destes residuos, provoca que proliferen ao pé das pistas do rural outros vertedoiros incontrolados “que incumpren a normativa vixente de recollida de plásticos agrícolas co beneplácito do goberno socialista”. O concelleiro do PP advirte aos propietarios dos terreos que se arriscan a multas de ata 6.000 euros.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com